6 febreiro 2026
Santos Cavero Pérez, consultant & tech strategist do Clúster TIC Galicia, está esta semana en Hungría xunto a Axencia Galega de Innovación, no marco do proxecto europeo Best DIH, que busca mellorar a implementación das políticas de desenvolvemento rexional no ámbito da transformación dixital.
O obxectivo é establecer lazos con outros centros tecnolóxicos europeos, hubs de innovación e empresas coas que poidamos colaborar, como:
▸ Pannon Business Network: centro de investigación e desenvolvemento que promove a competitividade do tecido local na rexión occidental de Hungría, a través da aplicación práctica de tecnoloxías innovadoras, e o fortalecemento das relacións internacionais ...