10 March 2026
O Clúster TIC Galicia vén de abrir un concurso interno, dirixido aos seus socios, para a contratación do deseño e implementación dunha plataforma que permita centralizar os principais servizos da entidade.
Esta solución despregarase integramente en infraestructura on premis, a través dos servidores do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC, e actuará como base do primeiro Xemelgo Dixital do sector TIC galego.
O obxectivo é crear un ecosistema dixital centralizado que permita a interoperabilidade entre os distintos sistemas, con catro módulos integrados:
Portal de Emprego TIC: orientado á xestión de talento, publicación de vacantes e ...11 June 2024
O Clúster TIC Galicia vén de adxudicar a SIXTEMA o concurso interno para a contratación dun analista funcional con experiencia e coñecementos técnicos para o deseño dunha plataforma web que integre diferentes funcionalidades para prestar servizos aos socios do Clúster TIC Galicia. Isto inclúe, entre outros aspectos, a creación de wireframes ou prototipos interactivos e a descrición dos procesos fundamentais que soporten de maneira precisa e completa as funcionalidades requiridas.
O órgano de valoración das ofertas recibidas, constituído polos membros do Comité de Dirección, Antonio Rodríguez del Corral, presidente do Clúster TIC Galicia, Francisco Javier Rodríguez, secretario da entidade, e ...