15 abril 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración con DATAlife, organiza un webinario sobre o impacto para o sector tecnolóxico galego da Lei de Mercados Dixitais (DMA) e a Lei de Servizos Dixitais (DSA), que terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 16:00 h, e no que xa podes reservar a túa praza.
Esta sesión pechará o ciclo de conferencias posto en marcha pola entidade o pasado mes de febreiro, co propósito de analizar os retos e oportunidades que presenta a nova regulación europea no ámbito dixital para ecosistema TIC, ofrecendo unha visión práctica e clara sobre o ...
4 marzo 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración co hub DATAlife, organiza o vindeiro xoves, 12 de marzo ás 15:30 h, o webinario "A nova regulación en comunicación e atención ao cliente: adaptación e oportunidades para o sector TIC galego", cuxa inscrición xa está aberta a través deste formulario.
Trátase do segundo seminario en liña que ofrece a entidade no marco do ciclo de conferencias que está a levar a cabo para analizar, de forma práctica e detallada, como afecta a nova normativa dixital da Unión Europea ás empresas tecnolóxicas e como estas deben operar e ofrecer os seus servizos en ...