O Clúster TIC Galicia organiza un "Obradoiro Práctico para o Desenvolvemento da Innovación Interna", en colaboración con Node Hub Galicia

Silvia Camesella,

O Clúster TIC Galicia organiza un "Obradoiro Práctico para o Desenvolvemento da Innovación Interna", en colaboración con Node Hub Galicia


O Clúster TIC Galicia organiza, en colaboración con Node Hub, un "Taller para o Desenvolvemento da Innovación Interna", o vindeiro martes 28 de outubro, de 9:00 h a 14:00 h, no Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC (A Coruña). Trátase dunha xornada práctica, aberta a empresas que queiran impulsar a creatividade, fomentar a cultura innovadora e descubrir novas formas de resolver retos reais dentro da súa organización.

Carlota Corzo, CEO de Innovaslab, será a encargada de abrir a sesión cunha keynote inspiradora sobre como converter as ideas en impacto. Corzo foi incluída na prestixiosa lista Forbes 30 Under 30 España 2022, que recoñece a mozos influentes en diferentes ámbitos, grazas ao seu proxecto Lázzaro, agora transformado en Innovaslab. Esta empresa desenvolve distintos proxectos tecnolóxicos, como software, apps, solucións con IA e blockchain ou produtos dixitais para diferentes tipos de clientes, desde ONGs ata emprendedores, pasando por empresas consolidadas.

Na xornada do 28 de outubro, abordarase, ademais, como:

  • Crear dunha contorna de confianza para innovar.
  • Detectar oportunidades de mellora dentro da túa empresa.
  • Xerar e prototipar ideas en tempo récord.
  • Compartir e validar solucións con outros profesionais do sector.

O taller inclúe coffee break e comida networking. Consulta o programa completo.

Inscríbeche xa aquí. As prazas son limitadas! https://form.typeform.com/to/ItDILxes

Comments


To comment, please login or create an account
Modify cookies