The ICT Cluster Galicia adds the strengths of companies, business associations, professional associations and other agents of the ICT macro sector of Galicia
15 October 2026
O proxecto europeo ALLOCATE, liderado polo Concello da Coruña e no que participamos como socios, vén de abrir o prazo de preinscrición no curso "IA Verde e Ética para a Innovación Urbana".
A formación, deseñada conxuntamente polos socios de ALLOCATE, contará con persoal experto do ámbito académico, empresarial e institucional do propio Concello da Coruña, da nosa entidade, da Universidade da Coruña, da AESIA, de Altia e de Khora Urban Thinkers, que abordarán os principais retos tecnolóxicos, ambientais e regulatorios da intelixencia artificial.
A través de sesións prácticas, estudos de casos reais e actividades colaborativas, as persoas participantes adquirirán coñecementos ...
14 October 2026
O Clúster TIC Galicia está á procura dun/dunha consultor/a de IA e Innovación Tecnolóxica para traballar durante nove meses -a xornada completa- no proxecto "Xanela Única Dixital", unha iniciativa da propia entidade que busca conectar a oferta e demanda TIC galega.
Os requisitos para postularse a esta vacante son os seguintes:
Ter entre 18 e 29 anos.
Estar inscrito/a como beneficiario/a no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Estar inscrito/a como demandante no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Aquelas persoas que os cumpran, poden enviar o seu CV a emprego@clusterticgalicia.com.
O portelo único ...
13 October 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Xunta, organiza unha Misión Inversa do 13 ao 15 de outubro co obxectivo de impulsar a internacionalización das empresas tecnolóxicas galegas e estreitar lazos con institucións e compañías de América Latina.
Baixo o lema "GovTech: Innovación, seguridade e cooperación", a delegación, integrada por catorce entidades procedentes de Arxentina, Guatemala, Panamá e Uruguai, percorrerá Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para coñecer de primeira man o ecosistema tecnolóxico galego, algunhas das solucións que se están a desenvolver, as capacidades do territorio ou as políticas públicas que se están a impulsar en materia de ...
5 October 2026
O Clúster TIC Galicia, en colaboración coa Xunta, organiza unha Misión Inversa do 13 ao 15 de outubro baixo o lema "GovTech: Innovación, seguridade e cooperación". A delegación, integrada por catorce entidades procedentes de Arxentina, Guatemala, Panamá e Uruguai, percorrerá Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña para coñecer de primeira man o ecosistema tecnolóxico galego.
Se es socia da entidade e che interesa participar, inscríbete no seguinte formulario antes do mércores 7 de outubro, ás 13:00 h, indicando en que xornadas che gustaría participar e con que entidades che gustaría manter reunións B2B. Podes consultar o programa provisional ...
28 September 2026
O Clúster TIC Galicia celebrou o pasado 24 de setembro, no Hotel Oca Puerta del Camino de Santiago de Compostela, un evento que reuniu a representantes das empresas e entidades socias de tres dos seus Grupos de Traballo -Intelixencia Artificial, Internacionalización e Talento-, así como aos membros do Comité de Dirección (CODI), que homenaxearon a José Ángel Veiga, ex-vogal do CODI en representación de Satec.
O encontro comezou cun espazo de networking que permitiu compartir experiencias e establecer novos contactos entre as empresas participantes -algunhas delas de nova incorporación. Posteriormente, deuse paso ás reunións dos diferentes equipos para facer balance ...
3 September 2026
Asiste xunto a Altia, APDTIC, AuthUSB, Quobis, Redegal e Sg Tech a Andicom, o congreso tecnolóxico máis importante de Latinoamérica, enfocado en IA
Contempla, ademais, reunións estratéxicas con diferentes empresas, institucións e organismos públicos do país
O Clúster TIC Galicia organiza unha misión comercial a Colombia na que participan varias empresas socias co obxectivo de buscar novas oportunidades de negocio e seguir impulsando a internacionalización do sector tecnolóxico galego, unha das prioridades estratéxicas do ecosistema.
A delegación, integrada pola propia entidade, Altia, APDTIC, authUSB, Quobis, Redegal e Sg Tech, asiste á 41 edición de Andicom, o congreso tecnolóxico máis importante ...
30 September 2026
Este recoñecemento consolida a súa aposta pola nube e reforza a súa capacidade para a transformación dixital dos clientes
Un fito moi especial para Plexus Tech: alcanzamos oficialmente a categoría de AWS Advanced Partner. Este logro consolida a súa aposta pola nube, reforzando ademais a súa capacidade para acompañar aos clientes nos seus procesos de transformación dixital.
Neste sentido, o recoñecemento pon en valor a experiencia da compañía na definición, implantación e operación de solucións sobre AWS para organizacións de diferentes sectores. E tamén distingue o traballo do seu equipo de profesionais.
Ao mesmo tempo, este fito está apoiado por ...
14 July 2026
A compañía axuda a construír un futuro enerxético máis seguro co proxecto Guardiane-Q
Plexus Tech dá un paso máis no seu compromiso coa innovación e a ciberseguridade participando en GUARDIANE-Q, un proxecto pioneiro para blindar a seguridade da almacenamento de hidróxeno verde con certeza cuántica.
Neste sentido, achegaremos a súa experiencia no desenvolvemento de solucións para infraestruturas críticas. Para iso, combinan capacidades en ciberseguridade, intelixencia distribuída e tecnoloxías de nova xeración para afrontar un dos grandes retos da transición enerxética.
Guardiane-Q nace ao amparo do Proxecto Aljarafe, impulsado por Trinity Energy Storage, e xorde co obxectivo de transformar xacementos de ...
1 July 2026
Cunha sólida traxectoria, asume o reto de impulsar o crecemento da entidade
José Manuel García Oya, socio director de Plexus Tech, foi nomeado novo presidente do Clúster Saúde de Galicia (CSG). A innovación en saúde abre así unha nova etapa en Galicia da man da compañía. Deste xeito, reforzan o seu compromiso coa transformación dixital e a colaboración entre empresas, Administración, universidades, centros de investigación e entidades sanitarias.
Cunha sólida traxectoria no ámbito tecnolóxico, José Manuel García Oya asume o reto de impulsar o crecemento do Clúster. Ademais, tamén ten por obxectivo seguir posicionando a Galicia como un referente ...
16 March 2026
O Igape vén de lanzar unha nova liña de préstamos directos do programa IG408B para o financiamento empresarial en Galicia, cunha dotación orzamentaria de 62,5 millóns de euros, cuxo obxectivo é facilitar o acceso ao crédito e impulsar o desenvolvemento e a competitividade do tecido empresarial galego.
Quen pode solicitar estes préstamos?
Poden ser beneficiarias desta convocatoria as empresas que desenvolvan unha actividade e conten cun centro de traballo en Galicia, así como outras entidades ou agrupacións que cumpran os requisitos establecidos na convocatoria.
O financiamento pode destinarse a diferentes actuacións vinculadas ao desenvolvemento empresarial galego, como ...
19 May 2025
O Plan Galego de Investigación e Innovación 2025-2027, presentado pola Xunta o pasado mes de abril, postúlase como un ambicioso marco estratéxico para consolidar Galicia como un polo de referencia en investigación e innovación a nivel europeo e global, favorecendo a creación de novas tecnoloxías e a súa transferencia efectiva ao mercado.
Cun investimento de 1.310 millóns de euros, un 20% máis que o plan anterior, esta nova proposta, elaborada mediante un amplo proceso participativo, inclúe 165 actuacións articuladas a través de cinco programas verticais (Talento, Coñecemento, Innovación e emprendemento, Colaboración Estratéxica, Posicionamento), catro eixos estratéxicos transversais, denominados iniciativas ...
22 November 2021
O director científico do CiTIUS, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial na Universidade de Santiago de Compostela, recibiu en Madrid o galardón que recoñece a súa traxectoria investigadora na cerimonia de entrega dos Premios de Investigación Sociedade Científica Informática de España – Fundación BBVA 2020-2021.
«É unha honra inmensa. O meu agradecemento ao xurado, á SCIE e á Fundación BBVA non só polo galardón, senón tamén porque a través dos premios nacionais prestigian a investigación española en informática». Senén Varro, director científico do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da Universidade de Santiago de Compostela), de ...
Catalog of solutions of the partner companies of the ICT Cluster
THE CLUSTER JOURNAL
The ICT Cluster Galicia works to value the Galician sector of information and communication technologies, promoting cooperation and developing services and tools that will help them effectively to improve their competitiveness and increase their business volume.
Subscribe to our newsletter and stay informed about upcoming events and latest news.
Ea sit quaeque consulatu, nam causae nonumes in, ne sea graeci quidam pericula. Id eius scriptorem sit, affert ridens ea eam, no est illum instructior. Cu veri gubergren appellantur vis. Te summo facilisi constituto qui, ad mundi nemore causae pro. Equidem euripidis at vis, mundi intellegat quaerendum ex sit, ea nusquam fierent mea.
Ea pro nisl adhuc consequat. Mei at posse graecis epicurei, novum causae erroribus usu no, ne ubique praesent scribentur quo. Ea vis quod labitur sapientem, qui te putant laoreet sententiae, alii velit vidisse eam ex. Eum ut idque soluta diceret.